Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1161/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1161/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia Yassine Naim contra a empresa Promociones Raplou, S.L. e outros, ditouse a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e cinco de febreiro de dous mil catorce.

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

A secretaria xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Promociones Raplou, S.L., por acharse en ignorado paradoiro, insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial