Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros da contratación do servizo de asistencia e apoio administrtativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral do termo municipal de Ourense.

Advertiuse un erro na publicación no perfil do contratante do prego de prescricións técnicas do contrato de servizos de asistencia e apoio administrativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral do termo municipal de Ourense, no sentido de que se publicou un prego técnico que non é o definitivamente aprobado.

Por todo iso, procede realizar unha nova publicación do referido prego de prescricións técnicas.

Ao abeiro do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e do artículo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, débese abrir un novo prazo de 15 día naturais para presentación de proposicións que comezará a computar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio de corrección de erros no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de marzo de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde