Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Vila de Cruces, en sesión realizada o 17 de febreiro de 2014, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vila de Cruces redactado polo equipo redactor Adiu, S.L.P., presentado con data do 5 de novembro de 2013 e última redacción presentada o 21 de xaneiro de 2014.

De conformidade co preceptuado no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as súas posteriores modificacións, o plan aprobado inicialmente, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese ás consultas previstas no documento de referencia, e simultaneamente someterase ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra: Faro de Vigo e La voz de Galicia. Durante esta fase de consulta e de exposición ao público, calquera interesado poderá consultar o expediente e, de ser o caso, formular as alegacións que xulguen oportunas.

De conformidade co disposto no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos como máximo e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva. Determínanse como áreas afectadas pola suspensión de licenzas todo o territorio municipal excepto os ámbitos do Plan especial de reforma interior nº 1 PERI, Plan especial do Camballón e o Plan especial para a recuperación do poboado mineiro de Fontao. Poderán outorgarse licenzas en todos os ámbitos en que se cumpra coa normativa vixente e a que se encontra en tramitación e, en todo caso, coa máis restritiva das dúas.

O expediente completo poderase consultar no edificio do concello, de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas.

Vila de Cruces, 26 de febreiro de 2014

Jesús Otero Varela
Alcalde