Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (864/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María del Pilar Míguez Camino contra Asociación COMUNI-K2, Social Media 21, Asociación Social Media, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asaja Galicia, Amfar Galicia, Afrifoga, Aproca e o Fogasa, rexistrado co PO 864/2012, se acordou citar a Asociación COMUNI-K2, Social Media 21, Asociación Social Media, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste xulgado do social, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas 15707 Santiago de Compostela, o día 5 de maio de 2014 ás 11.40 horas e 11.45 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos existentes no procedemento, incluídos os requirimentos xudiciais.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Asociación COMUNI-K2, Social Media 21, Asociación Social Media, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial