Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/7-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ana María González González.

Domicilio social: lugar da Estrada nº 66, Vilatuxe, 36519 Lalín.

Denominación: LMT de acometida a un CT para unha granxa na Castiñeira.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 17 metros de lonxitude, con orixe nun apoio existente da LMT LAL805 Vilatuxe, de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado paso aéreo-subterráneo, do cal continúa subterránea con condutor RHZ1 1.490 metros ata o centro de transformación da granxa situada na Castiñeira, Lebozán, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra