Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/45-2, 8129 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Peares 132 kV, renovación MT.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

A ampliación consiste na blindaxe do parque de 20 kV en configuración simple barra con celas illadas en SF6 tipo NxPlus no interior de dous edificios prefabricados tipo A-35, no cal se instala a seguinte aparellaxe:

• 4 celas de liña 20 kV de simple barra.

• 2 celas de liña máis medida 20 kV simple barra.

• 2 celas de liña 20 kV simple barra con 1TT (con coxerador).

• 1 cela de liña 20 kV simple barra con 3TTs (de coxerador).

• 2 celas de transformador 20 kV simple barra.

• 2 celas de SS.AA. con fusibles de 10 A.

• 1 cela de acoplamento lonxitudinal.

• 2 transformadores de SS.AA. 20/0,42 kVA de interior (que se instalarán en edificación existente).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de febreiro de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas