Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11389

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (370/2011).

Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 370/2011 seguido por instancia de Eduardo García-Rodeja Gayoso fronte a Abel Orjales Fraga ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Eduardo García Rodeja Gayoso, fronte a Abel Orjales Fraga e, por conseguinte, debo acordar e acordo:

Primeiro. A resolución do contrato de arrendamento de obra subscrito entre Eduardo García Rodeja Gayoso e Abel Orjales Fraga o 22 de xaneiro de 2011.

Segundo. Condénase a Abel Orjales Fraga a aboar a Eduardo García Rodeja Gayoso a suma de 12.050 euros, cos xuros do artigo 1.108 do Código civil devindicados pola citada cantidade desde a data en que foron entregadas as distintas sumas, isto é desde o 28 de xaneiro de 2011 polos primeiros 8.450 euros e a partir do 25 de marzo de 2011 polos 3.600 euros restantes.

Terceiro. Absolver a Abel Orjales Fraga das demais pretensións contra el formuladas.

Cada parte aboará as súas custas e as comúns pola metade.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado.

E encontrándose o devandito demandado Abel Orjales Fraga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 10 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial