Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11387

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (17/2012).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Isidoro Gerpe Rey fronte a Josefa Garrido López ditouse sentenza, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Betanzos o 24 de setembro de 2012.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e os do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario con número 17/2012 seguidos por instancia de Isidoro Gerpe Rey, representado polo procurador Sr. Pedreira del Río e baixo a dirección letrada do Sr. Dulanto Rojo, contra Josefa Garrido López, en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Isidoro Gerpe Rey fronte a Josefa Garrido López e, en consecuencia, declaro a existencia da obriga a cargo desta última de elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda celebrado co demandante o día 4 agosto de 2008 e simultaneamente condeno a Josefa Garrido López a avirse a esta declaración e a elevar a escritura pública o antedito contrato no prazo de vinte días desde que esta sentenza sexa firme e o demandante a requira fidedignamente para iso, co apercibimento de que, de non dar cumprimento voluntario ao que aquí se dispón, a súa vontade poderá ser suplida por este órgano xurisdicional, e todo iso con imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose a devandita demandada, Josefa Garrido López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial