Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-42/2013 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a incoación, ditada pola Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-42/2013 por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten as alegacións, os documentos e a información que consideren convenientes ou, de ser o caso, propoñan probas que concreten os medios dos cales se pretendan valer. Unha vez expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Pontevedra, 11 de novembro de 2013

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-S-42/2013.

Titular sancionado: Bienvenido López Fernández.

Establecemento: Albergue El Camino.

Enderezo: r/ Telmo Bernárdez, 11.

Concello: Redondela.

Data da incoación: 12 de setembro de 2013.

Feitos imputados: realización de actividades e prestación de servizos turísticos sen que se presente a correspondente declaración responsable ou se obteña a preceptiva autorización turística, se é o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.500 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.b) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.