Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1068/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Obdon Rodríguez Senra contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de febreiro de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 1068/2011, seguidos por instancia de Obdon Rodríguez Senra, representado pola letrada Sra. Lesta Castelo, contra Pavimentos Compavi, S.L., con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Obdon Rodríguez Senra fronte a Pavimentos Compavi, S.L. con intervención do Fogasa, e en consecuencia debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 2.265,48 euros máis os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Contra a presente resolución non cabe recurso, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da LRXS.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial