Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (232/2013).

Número de autos: seguridade social 232/2013.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: Eva María Vidal Rodríguez.

Demandados: Galinsta, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 20 decembro de 2013 dirixida a Galinsta, S.L., podendo interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galinsta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial