Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanísitica PON/33/2014, devolto polo servizo de Correos por resultar os interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, de conformidade coa proposta da xefa do Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Pontevedra acordou, o 27 de xaneiro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras realizadas en solo de núcleo rural, sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha edificación auxiliar na rúa Castelo, parroquia de Parada, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Mercedes Ramilo Alves e Plácido Penedo Ramilo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística