Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014 pola que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición, IU2/81/2013-B1 (S-2011/029-P).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 14 de xaneiro de 2014, ditou resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente sancionador IU2/81/2013-B1 (S-2011/029-P) que foi incoado a Josefa Villar Martínez pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de vivenda unifamiliar, garaxe, piscina prefabricada, soleira de formigón, peche e piorno, no lugar de Pozo-Camiño de Nogueiral-Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística