Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10720

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Vista a revisión salarial acadada ao abeiro do procedemento establecido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), do convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, subscrita entre a Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios (Agesef) e a Federación Galega de Servizos Funerarios (Fegaserfu), e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

En Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2014, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, ao abeiro do procedemento establecido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) promovido no sector de pompas fúnebres de Galicia (expte. AGA 2/14), no conflito xurdido con motivo da revisión salarial prevista no artigo 4 do convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, reunidas as representacións que figuran na acta de constitución da Comisión de Conciliación e Mediación prevista no artigo 18 do AGA, asinada o 31.1.2014, e que son, en representación da parte empresarial, a Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios (Agesef) e a Federación Galega de Servizos Funerarios (Fegaserfu), e en representación da parte sindical, UGT, CC.OO. e CIG, en presenza da mediadora designada, Teresa Díaz López, acadan o seguinte

ACORDO:

Aprobar a revisión salarial para o ano 2014 do convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia cun incremento do 0,5 %.

As táboas quedan do seguinte xeito.

2014

Categorías

Salario

Xefe administrativo

21.264,44

Oficial adm. 1ª

17.171,04

Oficial adm. 2ª

16.183,54

Aux. adm.

15.029,49

C. funerario 1ª

17.171,04

C. funerario 2ª

15.029,49

C. funerario 3ª

13.977,42

Azafata

15.029,49

Mant. e limpeza

13.977,42