Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10576

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 3 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunican a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto mediante a Resolución do 28 de novembro de 2013 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro), para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e de relixión evanxélica, no nivel de infantil e primaria e no de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/ -baremo listas abertas) as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivamente do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra estas puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos