Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2012/96-2, 8067 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación dos Peares 132 kV, liña 132 kV (CH Os Peares III).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

A ampliación consiste no equipamento completo dunha posición de liña 132 kV formada por aparellaxe convencional de exterior, para a evacuación futura da potencia xerada pola nova central hidráulica Peares 3, instálase a seguinte aparamenta:

• 1 interruptor tripolar.

• 3 transformadores de intensidade, 300-600-1.200/1-1-1-1-1 A.

• 3 transformadores de tensión 132.000:V3-110:V3-110:V3.

• 1 seccionador rotativo tripolar de posta a terra de tres posicións: aberto, pechado e posta á terra, 1.250 A.

• 1 seccionador rotativo tripolar de barras.

• 1 seccionador pantógrafo tripolar de barras.

• 3 autoválvulas.

• 3 terminales unipolares para cable illado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Instrución 2/2014, do 4 de febreiro, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de subestacións, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 18 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo