Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de Resolución do 4 de febreiro de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación, e sendo devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 4 de febreiro de 2014.

Interesada: Granipec España, S.L.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra Granipec España, S.L. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.