En virtude do establecido nos artigos 5.3 do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de marzo de dous mil catorce,
DISPOÑO:
Nomear vicepresidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a Luis Sirvent López.
Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil catorce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria