Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10368

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 27/2014, do 6 de marzo, polo que se nomea presidenta do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a Sofía María de la Soledad Santos Pérez.

En virtude do establecido nos artigos 5.3 do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Nomear presidenta do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a Sofía María de la Soledad Santos Pérez.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria