Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e de decreto de acumulación (ETX 26/2014).

Nº de autos: execución de títulos xudiciais 26/2014.

Demandante: Susana Rodeiro Francisco.

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire.

Demandado: Limpiezas El Polígono, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 26/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Rodeiro Francisco, contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto e decreto de acumulación no 17 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto:

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Susana Rodeiro Francisco, contra Limpiezas El Polígono, S.L., parte executada, polo importe de 3.548,59 euros en concepto de principal, máis outros 245,97 euros en concepto de xuros de mora, máis 379,45 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS, resolución que se publicará no DOG ao estar en ignorado paradoiro a executada.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que tiver incorrido a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á súa constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta n.º 00301846420005001274 e debe indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz O/a secretario/a xudicial»

E a parte dispositiva do decreto de acumulación:

«Parte dispositiva.

Acordo acumular a presente execución número 26/2014 á seguida nesta oficina xudicial co número 250/13.

Lévese testemuño do presente á execución de razón, e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido o presente edicto. Dou fe.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial