Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto e decreto (ETX 29/2014).

Nº autos: execución de títulos xudiciais 29/2014.

Demandantes: Sara María Gaciño Nimo, María Montserrat Quintáns García.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandado: Andaina Servizos Sociais, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 29/14 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Mª Gaciño Nimo e Mª Montserrat Quintáns García, contra a empresa Andaina Servicios Sociais, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto e decreto no 13 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Sara María Gaciño Nimo, e María Montserrat Quintáns García, contra Andaina Servizos Sociais, S.L., parte executada, polo importe de 9.098,16 euros de principal (2.249,68 € a Sara Mª Gaciño Nimo máis 6.848,48 € a Mª Montserrat Quintáns García), máis 1.383,41 euros en concepto de xuros de mora, (342,07 € a Sara Mª Gaciño Nimo máis 1.041,34 € a Mª Montserrat Quintáns García), máis 1.048,15 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que tiver incorrido a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á súa constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 00301846420005001274 e debe indicar no campo do concepto “recurso”, seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Co obxecto de dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Sara Mª Gaciño Nimo, Mª Montserrat Quintáns García e ao Fondo de Garantía Salarial, co fin de que no prazo de quince días poidan designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, cando for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Español de Crédito, e debe indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Andaina Servicios Sociais, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial