Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón (expediente IN407A 211/2006).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I e anexo II ao modificado I do proxecto LMTS e CTC, en Pumares (polígono A Susana).

Situación: concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude total de 9,070 km, coa orixe en apoio metálico existente na LMTA existente 809 (Rocha-A Ponte Pedriña) entre a subestación e o CT A Pontepedriña (expediente 05/345), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm²  Al, e final na cela de liña do CS Morteros de Galicia (expediente IN407A 2005/11).

No anexo I recóllense as seguintes modificacións:

Modificación do número de tubos que se van instalar, co conseguinte cambio na profundidade das gabias que se realizarán.

Modificación da traza da liña de media tensión soterrada a 20 kV proxectada, no interior do polígono A Susana entre os puntos nº 25 e nº 30, pasando a ter unha lonxitude de 162 m, así como o cruzamento da estrada AC-960 A Susana-Vila de Cruces entre os puntos 23 e 24.

No anexo II recóllense as seguintes modificacións:

Liña eléctrica soterrada, entubada baixo terra, coa orixe no paso aerosubterráneo (punto 1) e final novo punto de acceso a rede na calzada de rúa da Pena (punto 2), cunha lonxitude de 4 m.

Liña eléctrica soterrada, entubada baixo calzada, coa orixe en novo punto de acceso a rede na calzada de rúa da Pena (punto 2) e final novo punto de acceso a rede na calzada na mesma rúa (punto 3), cunha lonxitude de 78 m.

Liña eléctrica soterrada, entubada baixo calzada, no tramo entre os puntos de acceso a rede proxectados na calzada da rúa do Monte do Seixo (punto 3 a 9), cunha lonxitude de 317 m.

Liña eléctrica soterrada entubada, coa orixe no punto 12 da rúa do Restollal, e final no punto 24 da avenida Santiago de Cuba (estrada N-525), cunha lonxitude total de 407 m, proxectándose neste tramo dous cruzamentos mediante o método de perforación dirixida, o primeiro na rúa do Restollal (tramo 16-17 cunha lonxitude de 14 m) e o segundo na avenida de Santiago de Cuba (tormo 23-24 cunha lonxitude de 23 m).

Liña eléctrica soterrada, baixo canalización existente recollida no proxecto Mellora Enerx, Lamas de Abad e Castiñeiro (expediente IN407A 1996/289), entre os puntos 24 e 27, cunha lonxitude de 491 m.

Liña eléctrica soterrada entubada, cun primeiro tramo entre os puntos 27 e 28 na avenida de Santiago de Cuba total 30 m, onde cruzará sobre a liña de alta velocidade Ourense-Santiago-A Coruña, cun segundo tramo entre os puntos 28 e 29 cunha lonxitude de 29 m, onde cruzará a dita avenida mediante o método de perforación dirixida, e un tramo final baixo calzada cunha lonxitude total neste tramo de 52 m entre os puntos 29 e 31 na travesía de Chaparra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación ou notificación desta resolución.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de febreiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña