Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 20 de febreiro de 2014, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Costa de Eirexa, a favor dos veciños da Eirexa, parroquia de Ribela, no concello de Coles.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 29 de xaneiro de 2014, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Coles.

Denominación do monte: Costa de Eirexa.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Eirexa, parroquia de Ribela.

Superficie total: 6.966 m2 (0,6966 ha aproximadamente).

Descrición das parcelas.

1. Parcela A , número 217 do polígono 42 do concello de Coles (referencia catastral 32027A042002170000OO). Superficie 821 m2: (0,0821 ha).

Lindes:

Norte. polígono 42, parcela 227 (Orentino González Pérez).

Sur. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 156 (A Eirexa, Prados e Ribela, Comunal da Eirexa-Bouzo).

Leste. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 216 (Ubaldo Montes Iglesias).

Oeste. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 218 (Olenie Iglesias García).

2. Parcela B, número 149, polígono 42 do concello de Coles, (ref. catastral 32027A042001490000OT). Superficie: 579 m2 (0,0579 ha).

Lindes:

Norte. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9009 (camiño público).

Sur. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 142 (José Fernández Pérez).

Leste. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 140 (José Antonio Lorenzo Díaz) e parcela 141 (Celestino Sotelo Dosouto).

Oeste. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 103 (Laura Iglesias López).

3. Parcela C, formada por dúas parcelas catastrais número 116 do polígono 42 do concello de Coles, (ref. catastral 32027A042001160000OL) superficie 5.218 m2 (0,5566 ha); e número 137 do polígono 42 do concello de Coles (ref. castastral 32027A042001370000OH), superficie 348 m2 (0,0348 ha).

Lindes:

Norte. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9009 (camiño público).

Sur. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 99 (Laura Iglesias López), parcela 150 (Avelino Gómez Pérez).

Leste. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9011 (camiño público).

Oeste. Propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 135 (José Manuel Guzmán Iglesias), parcela 136 (Emilio Doforno Laso), parcela 131 (Avelino Gómez Pérez), parcela 121 (descoñecido), parcela 122 (Mario Dosouto Sotelo), parcela 123 (José Antonio Lorenzo Díaz), parcela 124 (Estrella Rogelia Cota Cordeiro), parcela 125 (Eligio Pérez Gómez), parcela 127 (Emilio Doforno Laso).

As tres parcelas descritas (A, B e C) non presentan enclaves.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 20 de febreiro de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense