Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013160TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 30 de decembro de 2013, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2013160TA-OU, a Losada Barge, Antonio, DNI: 34925649B, con domicilio en Baronzás, 69, 32636 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Losada Barge, Antonio, DNI: 34925649B, con domicilio en Baronzás, 69, 32636 Xinzo de Limia (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situado na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto en la letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco. Recadación Xunta modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013160TA-OU.

Denunciado: Losada Barge, Antonio.

Documento de identificación: DNI 34925649B.

Último enderezo coñecido: Baronzás, 69, 32636 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).