Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDCITO (133/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 133/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., polo que condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 252,89, polo concepto recollido no artigo 111.4 do Convenio xeral do sector da construción, correspondente ao período de xaneiro de 2008 a decembro de 2009, incluída a correspondente recarga por demora. E, por último, con imposición das custas do proceso á parte demandada incluídos os honorarios do letrado ou graduado social ata o límite de 600 euros.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones del Noroeste 2005, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

O secretario xudicial