Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (134/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 134/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Actuaciones Urbanísticas Construr, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo.

Estimo a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Actuaciones Urbanísticas Construr, S.L., polo que condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 153,51 polo concepto recollido no artigo 111.4 do Convenio xeral do sector da construción correspondente ao período de xaneiro de 2009 a decembro de 2009, incluída a correspondente recarga por mora. Todo iso con absolución do Fogasa. Por último, con imposición das custas do proceso á parte demandada incluídos os honorarios de letrado ou graduado social ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, que estaba celebrando audiencia pública no día da data. Do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Actuaciones Urbanísticas Construr, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

O secretario xudicial