Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de febreiro de 2014 pola que se notifica o trámite de audiencia do expediente de reclamación patrimonial con referencia 70/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Jorge Gómez Teijeiro, con DNI 76404803-E, que presenta a reclamación por danos na súa embarcación no porto do Vicedo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o trámite de audiencia do expediente de reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na r/ San Agustín Mogor, nº 1, O Barqueiro, 15339 Mañón (A Coruña).

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 6.1º do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, requírese o reclamante para que no prazo de dez (10) días poida presentar alegacións ao trámite de audiencia.

Así mesmo, de acordo co artigo 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de non remitir os documentos solicitados considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42.1 da mesma lei.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Medio Rural e do Mar para ditar esta resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia