Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9747

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos automóbiles na rama de electricidade e electrónica.

Pedro López Pérez solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de vehículos automóbiles na rama de electricidade e electrónica, na rúa Madreselva, número 7, baixo.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto– poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 15 de xaneiro de 2014

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente