Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de febreiro de 2014 pola que se notifica o requirimento de emenda de solicitude formulada por Roberto Carlos Seoane Iglesias en relación co expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/5/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar os seu destinatario ausente na súa repartición.

O día 10 de xaneiro de 2014 tivo entrada no rexistro da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha solicitude formulada por Roberto Carlos Seoane Iglesias en relación co expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/5/2012 que foi incoado polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Monte Ínsua, parroquia de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

O día 17 de xaneiro de 2014 envíaselle unha notificación a través da que se lle require que emende a solicitude efectuada, esta notificación é devolta polo servizo de Correos por atoparse o interesado ausente na súa repartición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal de esta comunicación, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita comunicación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles para achegar os documentos requiridos no artigo 9 do Plan de inspección urbanística, publicado no DOG núm. 37, do 21 de febreiro de 2013.

Transcorrido o prazo conferido sen que achege os documentos indicados, terase por desistido da súa petición, consonte o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística