Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 7/2014, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por instancia de David Outón Martínez.

David Outón Martínez interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 7/2014 na sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 16 de outubro de 2013 do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

O dito recurso tamén se dirixe contra a Orde do 16 de outubro de 2013 do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de mestres (corpo 597) e do corpo de catedráticos e de profesores de ensino secundario (corpo 590), para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos