Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (905/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 905/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Roo Rodríguez contra a empresa Servanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza nº 50, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Beatriz Roo Rodríguez, representada e asistida polo letrado Sr. Nouche Ferreira, fronte á mercantil Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Natalida Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes

(…)

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Beatriz Roo Rodríguez fronte á mercantil Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Natalida Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Natalida Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva a aboar á demandante a cantidade de 2.470,80 euros en concepto de salarios de marzo e abril de 2012, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial