Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2014, segundo o establecido no artigo 29.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 20 de febreiro de 2014,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario producirase o día 28 de febreiro de 2014.
O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, de sete días se está en localidade distinta, ou de vinte días se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.
Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.
Cuarto. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014
Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO
NRP/DNI: 5249539735 A205G.
Grupo: A1.
Apelidos e nome: Villar Freire, Juan José.
Posto de traballo: técnico de informática.
Número do posto: 024.
Nivel: 26.
Localidade: Santiago de Compostela.