Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para reforma e ampliación de corte, silos forraxeiros, fosa de zurro e esterqueira en Bazar (expediente 502/12).

Charent Agrícola, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a reforma e ampliación de corte, silos forraxeiros, fosa de zurro e esterqueira en Bazar.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 17 de xaneiro de 2014

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente