Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9553

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible notificar as liquidacións que se relacionan a pesar dos intentos realizados, cítanse os obrigados tributarios que figuran neste anuncio para que, no prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao desta publicación, comparezan persoalmente ou mediante representante debidamente acreditado nas oficinas da Área Económico-Financeira da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol, A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o efecto de practicar as notificacións que se indican.

Transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais o día seguinte ao do vencemento do prazo antes sinalado.

Ferrol, 11 de febreiro de 2014

José Manuel Vilariño Anca
Presidente

ANEXO

Liquidación

Nome/Razón social

NIF/CIF

Enderezo

CP

Concello

Taxa/ Tarifa

Data

Importe

Concepción Lázaro Oses

33251091Z

Travesía do Porto, 15, B

27880

Burela

7552

B0

31.12.2013

20,92