Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9437

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de febreiro de 2014 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2013 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 39, do 26 de febreiro, cómpre facer as oportunas correccións:

Nas páxinas da 8221 á 8252, ambas as dúas incluídas, nos encabezamentos da táboa do anexo (Transferencias finalistas destinadas ao cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais), onde di: «Financiamento total 2012», debe dicir: «Financiamento total 2013».