Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9428

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique, no Diario Oficial de Galicia, a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Academia A Mariña.

3. Datas.

Marzo 2014: 20, 21, 27, 28.

Abril 2014: 3, 4, 10, 11.

4. Lugar de celebración.

INTEC

Avenida da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns

15220 Ames (A Coruña)

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa.

Día 20.3.2014

10.00-11.00 horas

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

11.00-11.15 horas

Descanso.

11.15-14.00 horas

Praguicidas. Clasificación.

16.00-18.00 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

Día 21.3.2014

10.00-11.15 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

16.00-18.00 horas

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

Día 27.3.2014

10.00-11.15 horas

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

16.00-18.00 horas

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 28.3.2014

10.00-11.15 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

16.00-18.00 horas

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

Día 3.4.2014

10.00-11.15 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

16.00-18.00 horas

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

Día 4.4.2014

10.00-11.15 horas

Precaucións e normas de seguridade.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Precaucións e normas de seguridade II.

16.00-18.00 horas

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 10.4.2014

10.00-11.15 horas

Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

16.00-18.00 horas

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

18.00-18.20 horas

Descanso.

18.20-20.00 horas

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

Día 11.4.2014

10.00-11.30 horas

Repaso xeral.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.00 horas

Posta en común/debate sobre un tema do programa formativo. Resolución, dúbidas e exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas:

Marzo 2014: 20, 21, 27, 28.

Abril 2014: 3, 4, 10, 11.

Lugar de celebración do curso:

INTEC

Avenida da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns

15220 Ames (A Coruña)

Duración:

60 horas teórico/prácticas.

Horario:

Das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, agás o día 11 de abril, que será das 10.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado 27880 Burela (Lugo), á atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto con:

• Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso na conta Academia A Mariña de NovaGalicia Banco, co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos.....................................................................................................................

Data de nacemento.................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo................................................................................................................................

CP..........................................................Localidade...............................................................

Teléfono.............................................Correo electrónico........................................................