Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 17 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras, expediente 2/2014-CNTOB, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2007-2013), eixe 5.56.1: portos deportivos.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro de 2014, cómpre proceder á súa corrección nos seguintes termos:

Na páxina 7532, no punto 6, onde di: «c) Clasificación substitutiva da solvencia: F-2-e.», debe dicir: «c) Clasificación substitutiva da solvencia: F-7-c.».

Cómpre, polo tanto, reiniciar o cómputo de prazo para a presentación de proposicións, que rematará as catorce (14.00) horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia