Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de centro agropecuario e fabricación de cervexa no Lagar-Vilar de Astrés (expediente 2013013043).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Áncora Bros Brewery, S.C. solicita licenza de apertura para centro agropecuario e fabricación de cervexa no local sito no Lagar, nº 2, Vilar de Astrés, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que considere oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días desde o día seguinte a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde