Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública relativo a unha estabulación libre de gando vacún e fosa de xurro en Truitín.

Lorena Cives Ozón solicitou nesta alcaldía licenza municipal para ampliación de estabulación libre de gando vacún de leite e fosa de purín no lugar de Truitín, cumprindo o disposto no punto 3° do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, se somete a información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 25 de febreiro de 2014

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde