Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (250/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 250/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Pérez García contra a empresa Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A. e Investigación y Planificación, S.L., sobre mov. xeog. e funcional, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Milagritos Belso Sempere.

Demandante: María Pilar Pérez García.

Avogada: Antía Muruzábal Pérez.

Demandadas: Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A., Investigación y Planificación, S.L., o Fogasa e Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A.

A Coruña, dezaseis de xaneiro de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nestes autos seguidos entre as partes que constan no encabezamento ditouse Sentenza do 4 de decembro de 2013, en cuxa resolución por erro material se declarou que «contra ela non cabe recurso ningún».

Segundo. Que a representación legal da parte demandante presentou escrito en que solicitaba a aclaración da resolución de referencia sobre a base de considerar que se trata dunha modificación substancial de carácter colectivo das reguladas polo artigo 40.2 do ET, contra as cales cabe interpor recurso de suplicación sobre a base do establecido nos artigos 138.6 en relación co artigo 191.e) da LRXS.

Fundamentos de dereito.

Único. Visto o artigo 214 da Lei de axuizamento civil e demais concordantes e de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acordo aclarar a Sentenza do 4 de decembro de 2013 e rectificar a decisión desta no sentido de corrixir a frase: «Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún», pola de: «Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe anunciar recurso de suplicación de conformidade co establecido nos artigos 138.6 e 191.e) da LRXS».

Notifíqueselles ás partes.

Así o acorda e asina. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A. e Investigación y Planificación, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial