Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9339

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (368/2013).

Procedemento: divorcio contencioso 368/2013 B.

Sobre divorcio contencioso.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Delgado Rodríguez, en nome e representación de Agustín García Noya, contra Olga Lucía Rivera, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos os cónxuxes contraído en Abegondo o día 2 de xuño de 2007, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración, e os seguintes:

1º. Atribúese a garda e custodia da filla menor, Cristina Lucía, ao pai, Agustín García Noya, e a patria potestade será compartida.

2º. Fíxase como réxime de visitas da expresada filla para que a nai poida tela na súa compañía, en caso de discrepancia dos proxenitores, fins de semana alternos desde as 16.00 horas ata as 20.00 horas do sábado e desde as 16.00 horas ata as 20.00 horas do domingo.

3º. Establécese a cargo de Olga Lucía Rivera e para a filla menor de idade, Cristina Lucía, unha pensión de alimentos de cento cincuenta euros, que deberá aboar por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que se designe, establecéndose como base para a actualización destas cantidades o índice xeral do custo da vida publicado anualmente polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo equivalente.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Líbrese testemuño da presente sentenza e remítase ao Rexistro Civil de Abegondo, onde consta inscrito o matrimonio, para a práctica dos asentos respectivos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado e nun prazo de vinte días a partir da súa notificación e que, se é o caso, coñecerá a Audiencia Provincial.

Así por esta a miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos da súa razón, pronúncioa, mándoa e asínoa. Carmen Castro Pérez. Asinado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Olga Lucía Rivera, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 16 de decembro de 2013

O/a secretario/a xudicial