Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2014, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-10.13 en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente, no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-10.13.

Interesada: Fundación Karpin Vivenda, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, 4-1º de Vigo.

Feitos imputados: remocións de terra no edificio situado na rúa Poboadores, nº 24, no concello de Vigo, no ámbito de protección do Conxunto Histórico de Vigo, sen contar coa previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.