Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9143

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (aclaración 872/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 872/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián dos Santos Suárez contra a empresa Tolroga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Auto.

En Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 2014.

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que estimo integramente as demandas interpostas por Adrián dos Santos Suárez fronte á mercantil Tolroga, S.L., o Fogasa e Isaac González Peña, na súa condición de administrador concursal e, en consecuencia:

1º. Declaro procedente a extinción da relación laboral existente entre Andrián dos Santos Suárez e a mercantil Tolroga, S.L. e extinguida esta a día de hoxe (28.1.2012), declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 30.11.2012, e condeno a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 3.533,54 euros en concepto de indemnización e 21.530,50 euros en concepto de salarios debidos desde a data do despedimento e ata a de extinción da relación laboral (425 días). Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

2º. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 8.573,28 euros en concepto de salarios de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro de 2012, e condeno a Tolroga, S.L. a aboar a devandita cantidade incrementada co 10 % de xuros de demora. Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se trata de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, a solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sinala a parte solicitante da aclaración, existe un erro de transcrición na sentenza que deber ser emendado conforme o solicitado, toda vez que é claro e notorio que ao referir a expresión «a día de hoxe» a data correcta non é outra que a da sentenza (28.1.2014).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte forma:

Que estimo integramente as demandas interpostas por Adrián dos Santos Suárez fronte á mercantil Tolroga, S.L., o Fogasa e Isaac González Peña, na súa condición de administrador concursal e, en consecuencia:

1º. Declaro que procede a extinción da relación laboral existente entre Andrián dos Santos Suárez e a mercantil Tolroga, S.L. e extinguida esta a día de hoxe (28.1.2014), declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos de 30.11.2012, e condeno a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 3.533,54 euros en concepto de indemnización e 21.530,50 euros en concepto de salarios debidos desde a data do despedimento e ata a de extinción da relación laboral (425 días). Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

2º. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 8.573,28 euros en concepto de salarios de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro de 2012, condenando a Tolroga, S.L. a aboar a devandita cantidade incrementada co 10 % de xuros de demora. Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Tolroga, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial