Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN pola que se anuncia a licitación do proxecto de urbanización da rede arterial do novo acceso sur N-550.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: completar a rede arterial definida no PXOU, dotándoa de todos os servizos e a reordenación da rúa. Prazo de execución: 12 meses. Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 4.156.055,00 € (3.434.756,29 + 721.298,82).

5. Clasificación empresarial: cláusula 3 PCAP.

6. Garantías: provisional: 60.000 €; definitiva: 5 %.

7. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra. Tlfno. 986 80 43 00; fax 886 21 28 43, e na páxina web www.pontevedra.eu.

8. Presentación de ofertas: cláusula 6 do PCAP.

9. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2014

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno