Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local dedicado a centro sanitario.

Miguel de Santiago Boullón solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de local dedicado a centro sanitario, situado na estrada de Castela, nº 276, entresollado. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 29 de xaneiro de 2014

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral