Rubén Pantín Vivero solicitou da Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha actividade de almacenaxe de equipamentos para a construción na parcela 39-sector I do polígono industrial Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.
Narón, 29 de xaneiro de 2014
Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral