Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (88/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 88/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Nicolás Saucedo Krenz contra a empresa Golan Materiales de Construcción, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Resolución.

1º. Que estimando a demanda formulada por Julio Nicolás Saucedo Krenz contra a empresa Golan Materiales de Construcción, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.560,67 euros.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Golan Materiales de Construcción, S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

O secretario xudicial