Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 13 de febreiro de 2014
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Univerrsidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Térmica
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Aquitectura.
Universidades participantes: Vigo, País Vasco e Burgos.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
20 |
Optativas |
28 |
Prácticas externas |
0 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Introdución á Investigación |
8 |
Obrigatorio |
Tecnoloxías xenéricas para a investigación |
Complemento Prácticum |
12 |
Obrigatorio |
|
Técnicas Estatísticas Aplicadas á Experimentación |
4 |
Optativo |
|
Termodinámica Industrial de Fluídos |
4 |
Optativo |
|
Análise Enerxética e Eserxética |
4 |
Optativo |
|
Determinación de Propiedades Termodinámicas de Fluídos de Interese Industrial |
4 |
Optativo |
|
Sistemas Térmicos Avanzados Baseados en Enerxías Alternativas: Solar |
4 |
Optativo |
Enerxética na construción |
Sustentabilidade e Análise do Ciclo de Vida na Edificación |
4 |
Optativo |
|
A Termoeconomía no Cálculo do Contido Enerxético e Impacto Ambiental de Materiais e Elementos da Construción |
4 |
Optativo |
|
Transmisión de Humidade a través de Pechamentos. Caracterización Higroscópica de Materiais de Construción |
4 |
Optativo |
|
Calidade de Aire Interior e Ventilación |
4 |
Optativo |
|
Eficiencia Enerxética na Edificación |
4 |
Optativo |
|
Sistemas Térmicos Avanzados Baseados en Enerxías Alternativas: Biocombustibles |
4 |
Optativo |
|
Modelización de Sistemas Mecánicos |
4 |
Optativo |
Investigación en sistemas avanzados de simulación e modelización |
Modelización e Simulación Numérica de Procesos Termofluidodinámicos |
4 |
Optativo |
|
Modelización da Combustión de Biomasa |
4 |
Optativo |
|
Aplicacións da Mecánica dos Fluídos Computacional á Industria |
4 |
Optativo |
|
Análise Numérica de Sistemas Térmico-Fluído-Dinámicos mediante Analoxía Eléctrica: Problemas Directos e Inversos |
4 |
Optativo |
|
Traballo Fin de Máster |
12 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.
Este máster oferta dúas especialidades: Enerxética da Construción e Investigación en Sistemas Avanzados en Simulación e Modelización, segundo as seguintes condicións: itinerario Enerxética da Construción. O alumnado ten que superar os 20 ECTS obrigatorios do módulo I; de 28 ECTS optativos a escoller entre os ofertados nos módulos I e II e, por último, dos 12 ECTS do Traballo Fin de Máster. Itinerario Investigación en Sistemas Avanzados en Simulación e Modelización. O alumnado ten que matricularse dos 20 ECTS obrigatorios do módulo I; de 28 ECTS optativos a escoller entre os ofertados nos módulos I e III e, por último, de 12 ECTS do Traballo Fin de Máster.