O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.
En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Asinado |
Informado |
Achega total Ingacal |
Ingacal, Cervus Proxectos, S.L. |
Feader 2013/65: Mellora da calidade das variedades autóctonas de trigo e do pan galego |
13.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Cecoagro Central de Compras, S.L. |
Feader 2013/62: Cultivos de proteaxinosas e oleaxinosas para uso na fabricación de pensos |
7.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Alimentación Siglo XXII, S.L. |
Feader 2013/58: Mellora do valor proteico dos ensilados de millo para a alimentación do gando vacún leiteiro en Galicia a partir de fontes de nitróxeno non proteico (NNP): avaliación do inoculante AC-Supersil |
14.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Cooperativa Agraria Provincial da Coruña SCG-CAP Coruña |
Feader 2013/57: Cultivo da remolacha como alternativa forraxeira nas explotacións de vacún de leite galegas |
4.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Custodrinks, S.L. |
Feader 2013/27: Maeloc: Estudo de variedades autóctonas de mazá na elaboración de sidra |
12.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Bodegas Martín Códax, S.A.U. |
Feader 2013/26: Albaroma: extracción e revelación de aromas varietais de albariño desde a maceración prefermentativa ata a fermentación maloláctica |
4.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Laboratorio Interprofesional do Leite, Ligal |
Feader 2013/22: Aplicacións analíticas avanzadas en forraxes para racións de vacas de leite de baixo custo e reducido impacto ambiental (A3F) |
12.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia |
Feader 2013/16: Portaenxertos e variedades para os soutos novos |
13.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Seragro, S. Coop. Galega |
Feader 2013/15: Diagnóstico de axentes abortíxenos infecciosos en granxas de gando vacún leiteiro en Galicia |
12.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Coanga, S.L. |
Feader 2013/13: Albariño Sin.0: Desenvolvemento de viño sen alcohol a partir de branco monovarietal albariño da D.O. Rías Baixas |
4.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Biopalas, S.L. |
Feader 2013/08: Avaliación da biomasa residual dispoñible e aproveitada e control de calidade da materia prima, estela e pellet da empresa Biopalas |
- |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) |
Feader 2013/02: Topegal (tomates e pementos de Galicia). Valorización de variedades tradicionais de tomate e pemento a través dunha mellora da súa xenética e do seu manexo, cara á comercialización dun produto de alta gama |
7.11.2013 |
18.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Universidade de Vigo |
Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas externas do alumnado |
18.6.2013 |
28.5.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela |
Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Agronómica |
19.7.2013 |
15.7.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Universidade Católica de Valencia San Vivente Mártir |
Convenio de cooperación educativa regulador das prácticas externas de alumnado universitario |
3.7.2013 |
25.6.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Centro de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón, CITA |
Acordo de transferencia de material ex situ para fins non comerciais (pementos, tomates, leituga, escarola) |
24.6.2013 |
15.4.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, INIA |
Acordo normalizado de transferencia de material de recursos fitoxenéticos (77 sementes da especie vexetal Pisum Sativum (chícharo) para a alimentación e a agricultura |
3.6.2013 |
10.5.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, INIA |
Acordo normalizado de transferencia de material de recursos filoxenéticos: Viuna unguiculada |
31.5.2013 |
10.5.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Semillas Fitó, S.A. |
Contrato de colaboración para o proxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico: Obtención e avaliación de híbridos de millo forraxeiro obtidos con liñas propiedade de Semillas Fitó e Ingacal |
22.7.2013 |
9.8.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Wam Estrada, S.L.L. |
Contrato de colaboración para a realización do proxecto Selección de variedades hortícolas galegas Ciam-Semillas Wan Estrada, S.L.L. |
24.7.2013 |
17.7.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Clemson Seed, S.L. |
Contrato de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Obtención, multiplicación e comercialización de variedades locais de conservación de millo forraxeiro conservadas no banco de xermoplasma do Ciam |
4.7.2013 |
7.8.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Rectoral de Amandi, S.A.U. |
Contrato de colaboración para a realización de servizos técnicos do Ingacal á empresa Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U. |
10.10.2013 |
8.10.2013 |
Sen obriga económica |
IngacaL, Gallanova Norte, S.L.L. |
Contrato de colaboración para a realización do proxecto denominado Connecta-Souto ao abeiro da Resolución do 30 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas do programa Connecta peme para o fomento da colaboración público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro da convocatoria para o ano 2013 (DOG núm. 169, do 5 de setembro de 2013) |
8.11.2013 |
2.10.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela |
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao Máster propio en produción de leite (MD93) |
26.12.2013 |
5.12.2013 |
Sen obriga económica |
Ingacal, Consell Insular de Eivissa |
Contrato para a realización de servizos técnicos do Ingacal ao Consell Insular de Eivissa |
- |
24.10.2013 |
Sen obriga económica |