Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8626

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de información pública sobre un establecemento de venda polo miúdo de produtos de drogaría e de produtos fitosanitarios.

Gonzalo Calleja Rodríguez solicitou a licenza de establecemento de venda polo miúdo de produtos de drogaría e de produtos fitosanitarios, sometida a avaliación de incidencia ambiental, na rúa Emilia Pardo Bazán, 33, baixo, de Celanova e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública, polo prazo de vinte días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 13 de xaneiro de 2014

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde